Thursday 09 de May de 2024

A Xefatura de Tráfico da Coruña impartirá unha charla sobre seguridade viaria este mércores no centro social polivalente de Brión


Coordinadoras de Educación Viaria da Xefatura de Tráfico da Coruña impartirá unha charla sobre seguridade viaria este mércores 16 de decembro, ás 10:00 horas, no centro social polivalente de Brión. A charla está aberta a toda a veciñanza brionesa, pois nela se ofrecerán normas e consellos para camiñar con seguridade polas distintas vías e se entregará un chaleco reflector a cada un dos asistentes. Trátase dunha iniciativa da Xefatura Provincial de Tráfico en colaboración co Concello de Brión.